• Cóntanos : 982 819 266

Un entretemento para todas as idades, unha mestura de sabedoría e azar para gozar e aprender descubrindo os segredos do pasado romano de Lucus Augusti e de toda a Gallaecia! Divertido, entretido, didáctico, diferente a todos os xogos que coñeces.

Recomendado para adultos, para familias, nos centros de ensino e, en xeral, a partir dos 12 anos

Xogo de mesa que mestura probas de coñecemento sobre o Imperio Romano, maioritariamente relacionadas coa antiga cidade de Lucus Augusti (actual Lugo) con un xogo de azar.

O taboleiro contén 63 casas ilustradas con imaxes de obxectos, lugares, edificios, museos e outros elementos representativos do pasado histórico romano da cidade de Lugo e, en xeral, da romanización do noroeste peninsular.

Gaña o xogo quen, seguindo as regras establecidas, consigue chegar en primeiro lugar á casa final, a ilustrada coa figura de Minerva, deusa romana da sabedoría.

Obxectivo: Percorrer o circuíto completo, (guiados polo saber do moucho de Minerva), desde a casa 1 ata a casa 63 (deusa Minerva). Gaña o xogador que chegue antes á casa 63. No caso de que o número indicado na tirada non permita ocupar a casa final, o xogador debe retroceder co peón ata completar a conta, e seguir as regras do xogo ata caer exactamente na casa 63.

Desenvolvemento do xogo:

Cos peóns situados na casa 1, comenza o xogo quen saque a tirada máis alta. Este xogador baralla as tarxetas de preguntas e póusaas boca abaixo para que o xogador que o precede pola esquerda colla a tarxeta superior e lle faga a primeira pregunta (a escoller de entre as que aparecen na tarxeta). Se a acerta, tira o dado e avanza o número de casas que corresponda; se non a acerta, retrocede unha casa (agás que estea na casa 1). A tarxeta usada ponse debaixo das outras.

Excepcións das regras xerais:

-Se cae co peón nunha das casas con porta da Muralla, o xogador salta á porta seguinte e volve a tirar, dicindo “Salto de porta a porta, e tiro se non che importa”.

-Casas 4, 12 e 34: “Onde hai auga hai que parar, pero volves a tirar”.

-Casas 30 e 58: “Se caes na forca ou na morte recomeza con máis sorte”.

-Casas 18 e 24: “Se caes nas cadeas, dúas voltas dentro delas”..

-Casa 39: “Ben calzado pego un chimpo e xogo ao aro”.

-Casa 50: “Do labirinto só se sae con un cinco”.

-Casa 56: “Ao que diga o dado, súmolle 6 e restolle 4”.

  1. Ponte Vella

  2. Calzada

  3. Porta Miñá

  4. Piscina da Praza de Sta. María

  5. Biga

  6. MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo)

  7. Arado romano

  8. Homes romanos

  9. Porta de Santiago

  10. Catapulta

  11. León (mosaico de Batitales)

  12. Piscina ritual de San Roque

  13. Estandartes romanos

  14. Casco (escultura na Praza de Ferrol)

  15. Porta de Bispo Aguirre

  16. Vaca do mosaico de Dédalo e Pasífae

  17. Tuba

  18. Cadea

  19. Escudo Legio Gemina  VII

  20. Mulleres romanas

  21. Porta do Campo Castelo

  22. Sala de Exposicións Porta Miñá

  23. Paulo Fabio Máximo e César Augusto (fundadores de Lucus Augusti)

  24. Cárcere

  25. Cascos de soldados romanos

  26. A Mosqueira (Muralla de Lugo)

  27. Porta de San Pedro

  28. Caetra (escudo de soldado indíxena)

  29. Acueduto

  30. Forca

  31. Ánforas

  32. Moeda Arde Lucus

  33. Porta da Estación

  34. Museo Provincial de Lugo

  35. Océanos (mosaico de Batitales)

  36. Domus

  37. Termas romanas

  38. Formación militar

  39. Calzado romano

  40. Porta Falsa

  41. Tabernae

  42. Centro de Interpretación do Camiño Primitivo

  43. Campamento romano

  44. Ludus (xogo)

  45. Tabula hospitalis (Pacto de hospitalidade)

  46. Porta de San Fernando

  47. Pugio (daga)

  48. Casa dos Mosaicos

  49. Gladiadores

  50. Labirinto

  51. Statera romāna (instrumento para pesar)

  52. Porta Nova

  53. Altar de Mitra

  54. Acceso interior da muralla

  55. Centro de Interpretación da Muralla

  56. Teserae (dados)

  57. Crismón de Quiroga

  58. A Morte

  59. Aguia (Praza de Santo Domingo)

  60. Porta do Hospital

  61. Santuario de Bóveda

  62. Lectica (Litera)

  63. Minerva

Taboleiro de 50 x 50 cm.

Mazo de cartas con máis de 300 preguntas de temática relacionada co mundo romano

6 peóns de diferente cor

1 dado